Colaboradores

Podes colaborar connosco de varias maneiras. Agora estamos cos pesados trámites burocráticos, pero nunhas semanas, cando empece a funcionar o restaurante, precisaremos voluntarios para cociñeiro/a ou para botar unha man na cociña. Cantos máis sexamos, mellor poderemos repartir o traballo.


Podes deixar os teus datos de contacto no seguinte formulario se queres que contactemos contigo cando vaia a abrir o restaurante.

Tamén podes unirte á asociación e entrar a participar dende xa na organización (estamos a reunirnos os martes sobre as 20h normalmente) ou colaborar con alimentos, facturas da luz, aluguer do local, etc. 

Se prefires un email directo: voluntarios arroba espazoaberto.org


Obligatorio *